investigación

Acción e efecto de investigar

Etimoloxía

Palabra que se orixina no equivalente investigatio ‘busca’.

Exemplos *

“Despois dun período extenso de investigación presentáronse resultados a escala piloto e espérase que no ano 2012 se adopten nalgúns países modelos de cultivos multitróficos a escala industrial.” (Fátima Linares Cuerpo: Acuicultura multitrófica integrada. Unha alternativa sustentable e de futuro para os cultivos mariños en Galicia, 2012)

“Lupita Grande. É unha detective científica, ou case... Puxéronlle ese nome porque sempre anda nas súas investigacións cunha lupa de gran tamaño observando o que lle peta, que non sempre é o que debe.” (Xavier Lama López: Os reloxos preguiceiros de Néboa, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.