investigadora, -or

Persoa que investiga

Etimoloxía

Termo que chega desde estoutro investigator, -oris de significado semellante.

Exemplos *

“Son aparellos que, en moitos casos, costan bastantes miles de euros, e toda precaución é pouca. Das dificultades meteorolóxicas dá conta tamén Lara García, investigadora do grupo de Ecoloxía e Diversidade do Instituto de Investigacións Mariñas.” (Manuel Rey: GCiencia. O portal da ciencia galega, 11-2018)

“Segundo Margarita Conkright, unha das investigadoras que elaboraron este estudo, os resultados son a evidencia de que "a bioloxía dos océanos está cambiando, posiblemente a consecuencia do cambio climático".” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.