inxustiza

Calidade de inxusto // Aquilo que é inxusto

Etimoloxía

Palabra que nos chega do latín injustitia ‘severidade’, 'inxustiza'.

Exemplos *

“O fillo entende moi ben a canseira do pai, mais velaí que, pasado o tempo, resultou collendo el o relevo na loita contra a inxustiza social.” (Manoel Riveiro Loureiro: Corpo canso, 1993)

“Segundo a autora, a lírica non é incompatible coa denuncia da inxustiza social. Rosalía denuncia, entre outras cousas, a situación de discriminación que sofre a muller galega do seu tempo.” (Andrés Pociña e Aurora López: Rosalía de Castro, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.