ioga

Técnica de reflexión e exercicio físico procedente da India que ten como finalidade chegar a un perfecto dominio do espírito e do corpo e a unha fusión co Espírito Supremo

Etimoloxía

Vocábulo que procede do sánscrito yoga “unión”.

Exemplos *

“Durante uns minutos tentou relaxarse como lle ensinaran nas clases de ioga” (María Xosé Castelo Lestón: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011) / O carteiro, 2011).

“Hai quen utiliza o ioga para relaxar todos os seus músculos, controlando o ritmo respiratorio facéndoo máis lento e profundo [...]” (Xoán Carlos/León Rodríguez Sánchez: Pesca submarina en Galicia, 1997).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.