iogur

Alimento que consiste nunha variedade de leite callado sometido á acción dun fermento especial

Etimoloxía

Préstamo do francés yogurt, que bebe da voz turca yoğurt, designación dun produto semellante.

Exemplos *

“A esa hora xa perdera a fame, coma sempre, así que xantei un pouco queixo, un iogur e unha cunca de leite con galletas.” (Soledad Agra Tuñas: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Miseria, 2011)

“-Estamos na cociña, coa sobremesa. Se queres un iogur ou unha froita... –ofreceulle, convidándoa a pasar. Mónica sentiu o sangue nas orellas.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí