Persoa que, respecto doutra, é filla dos mesmos pais ou só do mesmo pai ou da mesma nai
Etimoloxía
Xorde do vocábulo latino germanus 'nome da relación de parentesco entre dúas ou máis persoas que descenden dos mesmos pais’.
Exemplos *
“A miña primeira irmá chámase Carme e o segundo irmán chámase Joaquín.” (Lupe Gómez: Galicia Hoxe, 21-11-2010)
“Alí residía un irmán de meu pai que traballaba como funcionario de prisións en Alcalá Meco.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.