irrigación

Acción e efecto de irrigar

Etimoloxía

Cultismo creado desde a forma latina irrigatione ‘rega’.

Exemplos *

“A salinización é un proceso inevitable da natureza, pero a irrigación excesiva ou inadecuada con auga de mala calidade, unha mala drenaxe que facilita o encharcamento e a non filtración de sales solubles (...)” (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, 1990)

“Ata que se descubriu o rego artificial os agricultores practicaron un novo tipo de nomadismo en busca de áreas cunha boa irrigación natural (...)” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.