Calidade de irritable.
Etimoloxía
Parece ser que chega desde o latín irritabilitas, –atis 'tendencia a irritarse'.
Exemplos *
"Esta alteración podería manifestarse con cambios de carácter (…), así como cunha maior irritabilidade e falta de concentración a primeiras horas nas persoas" (O Correo Galego 27-10-2001)
"Con el poderás curar a irritabilidade e o insomnio e, se es boa no oficio, aínda lle sacarás máis segredos, que che serán revelados cando chegue o tempo." (Teresa Moure: Herba moura)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.