isba

Vivenda rural de madeira propia dos países do Norte de Europa e Asia, especialmente de Rusia.

Etimoloxía

Adaptación do ruso izba 'cabana' que se pensa que procede dun antigo istuba que chega do xermánicos *stuba 'cuarto con calefacción'.

Exemplos *

"Roubaba todo o que podía; nas granxas, nas isbas, mesmo nos petos dos camaradas mortos que, coma pavorosas estatuas de xeo, retardaban no campo queimado ata o verán o momento de comezar a podrecer." (Xabier López López: Os libros prestados)

"De xeito semellante alúmanse tamén nas «isbas» da estepa rusa." (Ánxel Fole: Terra brava. Contos da solaina)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.