Liña que nos mapas meteorolóxicos une os puntos onde a presión atmosférica era igual no momento en que se efectuaron as observacións simultáneas.
Etimoloxía
É o resultado de unir os elementos gregos iso 'igual' e baro 'presión'.
Exemplos *
"A súa vida está aquí, coas súas treboadas, as marusías, as isóbaras e o anticiclón." (Xosé Manuel García: Novos autores)
"Por máis que lle atendera ao barómetro e falara das isóbaras co patrón, os movementos, os sons producidos levábano a ver a batalla do mar co vento como combate de cousas animadas …" (Xavier Paz: Follas de bacallau)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.