isotérmico -a

Local, recipiente, vehículo que posúe un sistema de illamento térmico.

Etimoloxía

Na súa formación participan os elementos de orixe grega iso ‘igual’ e termo ‘calor’.

Exemplos *

“Circulan moitos vehículos con remolque de caixa que, incumprindo a normativa que obriga a levar os alimentos en compartimentos isotérmicos, van cargados de laranxas, tomates ou outro tipo de froita.” (Francisco Alonso: Trailer)

“A chegada dos camións cisterna isotérmicos directamente ás explotacións permite reducir o tempo de transporte pero sobre todo permite manter a calidade bacteriolóxica do leite e cortar os procesos de fermentación.” (Xavier Vence: Revista Galega de Economía)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.