itinerario

Proxecto ou plan dunha viaxe co camiño que se vai seguir ou que se seguiu, as paradas etc.

Etimoloxía

Palabra culta que procede do latín itinerarius, termo formado sobre iter, itinĕris 'camiño'.

Exemplos *

“Viaxar sen présas e sen un itinerario fixado posibilitou que apreciase mellor as cousas e percibise a realidade cubana con máis acougo.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)

“O viaxeiro aproveita no itinerario pistas e estradas pasando dunha a outra orela . Sae de Lugo cara ó sur e vai deixando tras de si aldeas e máis aldeas.” (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.