jazz

Xénero musical de orixe afroamericana, creado nos Estados Unidos a principios do século XX, caracterizado principalmente pola improvisación e polo poder e a variedade do ritmo, que se toca en grupos nos que interveñen a batería, o saxo, a trompeta, o contrabaixo etc.

Etimoloxía

O termo orixinouse nos Estados Unidos, pero hai distintas versións sobre a súa creación.

Exemplos *

"Eu estaba a punto de partir coa banda de jazz, nunha xira por diversas vilas recoñecidas polo seus balnearios." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

"Ella Fitzgerald metíanos no jazz e ía da man de Billie Holiday." (Antonio García Teixeiro: A Nosa Terra 29-03-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.