Vehículo todo terreo.
Etimoloxía
Este termo tomouse do inglés.
Exemplos *
“O seu corpo batía contra o chan do que talvez fose un jeep ou unha furgoneta de carga.” (Xosé Antonio Moreno: O cable inglés)
“Cargaron a ferramenta no jeep e abandonaron a tarefa co permiso e mesmo a aprobación do xefe.” (Bieito Iglesias: Vento de seda)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.