kharxa

Estrofa en lingua vulgar mozárabe, colocada ao final de certas cantigas amorosas escritas en árabe ou hebreo polos poetas cultos arábigo-hispanos ou hispano-xudeus e que pola súa antigüidade (s. XI) constitúen a primeira manifestación lírica en lingua romance.

Etimoloxía

Tomouse do árabe jarya ‘saída’ ou ‘final’.

Exemplos *

Kharxas mozárabes do noso século.” (Alejandro Tovar: Cremalleiras)

“O que xa non me parece coherente é que se explique o comezo da literatura castelá coas kharxas e as cantigas, sen mencionar sequera que pola lingua son alleas a esta literatura …” (Manuel Villaverde Vidal: Galicia Hoxe 20-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.