koiné

Lingua común, resultado da confluencia de distintas linguas ou variedades, que se utiliza nun territorio amplo

Etimoloxía

Préstamo procedente do grego koiné, feminino de koinós ‘común’.

Exemplos *

“Ademais, este problema vese agravado ó non existir unha cidadanía planetaria que sexa fonte de dereitos universalmente recoñecida desde o punto de vista xurídico. Porque unha cousa son os dereitos declarados, como koiné ( lingua común ) ética, e outra son os dereitos esixibles.” (Santiago González Avión: Abrente incerto. Pobreza, dereitos humanos e desenvolvemento na Galicia de hoxe, 1999)

“Noutros casos, pretendeuse simplificar unha lingua para favorecer o seu uso internacional ou fomentar unha koiné de compromiso entre as linguas de comunidades en contacto.” (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.