kremlin

Recinto fortificado das cidades antigas de Rusia, onde estaba situada a residencia dos tsares e os principais edificios públicos, civís e relixiosos.

Etimoloxía

A forma tomouse do ruso kreml ‘cidadela fortificada’, derivada de krem ‘pedra’.

Exemplos *

“… a princesa Anastasia falecera por un descoido do seu catador persoal, ó que o esposo aflixido mandou arrebolar desde o alto das murallas do Kremlin.” (Xavier Lama: Os moradores da nada)

“Os dous presidentes firmaron o tratado na Sala de Santo André, antiga sede do trono imperial ruso e un dos salóns con máis magnificencia do Kremlin.” (Rafael Cañas: O Correo Galego 25-05-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.