la

Pelo da ovella ou do carneiro.

Etimoloxía

Do latín lana, -ae pasou a todas as linguas romances, no noso caso como la.

Exemplos *

“Os fiadeiros son outras desas reunións que tiñan os mozos e as mozas nas cortes […]. En realidade foi sempre unha reunión de mulleres para fiar liño ou la.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)

“Alí, na serra, a pouca distancia de Xerusalén, con la de ovellas da casa, con axuda de varias domésticas, María ía tecendo día tras día xibóns e panos …” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.