labirinto

Conxunto de cavidades que forman o oído interno.

Etimoloxía

Tomouse da adaptación latina do grego labúrinthos, -ou, 'labirinto'.

Exemplos *

"Vertixe de Ménière […] a súa causa máis frecuente é unha alteración circulatoria do líquido que enche as estruturas do labirinto do oído interno." (Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido: Copenhague)

"En realidade consiste nun labirinto membranoso cheo dun líquido chamado endolinfa, que se atopa dentro dunha caixa ósea coñecida como labirinto óseo." (Xoán Carlos Rodríguez Sánchez e Xesús León Guillén: Pesca submarina en Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.