laboral

Relativo ou pertencente ao traballo no seu aspecto social, económico ou xurídico

Etimoloxía

Vocábulo derivado que se relaciona coa voz “labor” que, á súa vez, remite ao latín labor, -ōris ‘tarefa’, ‘traballo’ ou ‘fatiga’.

Exemplos *

“Xa no mundo laboral seguimos a atopar desigualdade e, por tanto, inxustiza: menor remuneración polo feito de ser mulleres, maior perxuízo na carreira profesional polo feito de ser nai que polo de ser pai, ou dificultades para ascender a postos de responsabilidade.” (Cristina Justo Suárez: Guía de prevención e detección da violencia de xénero para mozos e mozas, 2019)

“A pantalla virou a negro cando Lupe pousou na mesa o mando da tele. Despois retirou o mandilón e dispúxose a marchar, xa completada a súa xornada laboral.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.