labradío

Terra de cultivo

Etimoloxía

Vocábulo que deriva de “labrar” que chega desde o latín laborare ‘traballar’.

Exemplos *

“A substitución das superficies de labradío por prados e pasteiros, a incorporación de grandes superficies de mato ao uso forestal a través de plantacións de especies foráneas, que tamén substituíron nalgúns lugares o bosque autóctono (...), unha concentración parcelaria mal planificada e executada, que levou á desaparición dunha gran parte do arboredo que salpicaba os nosos campos.” (Xosé Constenla Vega: O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país, 2018)

“A que vén agora que rebaixen desa maneira a intelixencia do lector ou do telespectador medio, cando a xente das aldeas e do campo é probablemente a que mellor mide ou cubica superficies de campos, terras, labradío, encoros e arborado? De toda a vida no campo se soubo medir en ferrados e cuartillas e fanegas, e agora temos que imaxinarnos campnóus e bernabéus?” (Mariña Pérez Rei: Galicia Hoxe, 25-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.