Persoa que se dedica ao cultivo da terra
Etimoloxía
Termo que vén do latín tardío laborātor, -ōris 'o que traballa'.
Exemplos *
“Por fortuna, Marina e Franquila estaban hospedados nunha casa de labradores propiedade do monacato, e frei Eusebio non lle desvelou o seu paradoiro ó alcalde.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
“Pulsou a campaíña e abriu a porta unha moza pálida e aseada que vestía como unha labradora e que non recoñeceu.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.