Comida que ten como ingrediente principal o lacón cocido, acompañado normalmente con grelos, chourizos e patacas.
Etimoloxía
É un derivado da forma lacón, que procede o latín lacca, -ae, que tiña o significado de 'tumor nas patas dos animais'.
Exemplos *
"… algúns tintos son moi propios pra unha lacoada." (Álvaro Cunqueiro: A cociña galega)
"… Martes, hai lacoada nas casas; e adoitan non traballar." (Vicente Risco: Estudo etnográfico da terra de Melide)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.