lacón

Pata dianteira do porco, despois de matado e despezado.

Etimoloxía

Considérase que a súa orixe está no latín lacca –ae ‘inchazo nas pernas dos animais’.

Exemplos *

“Un día, polo entroido, chegou á casa e díxolle á muller: “Faime un cocido, con lacón, chourizo e todo. Se non morro así, morro de fame”.” (Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?)

“A vella en persoa supervisou a operación de desalgar os toros de lacón, escollendo os máis ternos cimóns para ferver.” (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.