lactosa

Azucre formado pola unión de glicosa e galactosa, presente no leite dos mamíferos

Etimoloxía

Denominación científica creada desde a raíz latina lact- ‘leite’ e o sufixo químico –osa ‘azucre’.

 

Exemplos *

“Gozan de fama no medio rural os chamados "pos de Allariz" que non son máis que a tan coñecida e empregada fórmula de santonina, calomelanos e lactosa, que prepara unha farmacia daquela vila da provincia de Ourense, dende hai moitos anos.” (Manuel Cabaleiro Goás: A psiquiatría na medicina popular galega, 1997)

“O leite de vaca contén aproximadamente 40-50 g de lactosa por litro.” (Ramón Varela Díaz: Bioloxía. Segundo curso de bacharelato, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí