ladeira

Terreo en costa que vai da parte alta á baixa dunha montaña.

Etimoloxía

Deriva de lado, procedente do latín latus –eris ‘parte lateral’.

Exemplos *

“Encamiñáronse ladeira enriba por un estreito vieiro de espigados matos de prolongacións leñosas que cubrían, a modo de teito, todo o camiño.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)

“Moaña é unha chea de casas e de rúas espalladas sobre a ladeira do monte á outra banda do mar.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí