lagar

Lugar preparado para prensar certos froitos, como as uvas, as mazás ou as olivas, co fin de que solten o líquido que conteñen.

Etimoloxía

Se ben se discute a súa procedencia, o máis aceptado é que procede do latín lacus 'depósito de líquidos'.

Exemplos *

"No centro da sala había un inmenso lagar de pedra ao que subían, por unha improvisada rampla de madeira, os homes e as mulleres portadores para baleiraren o contido das súas cestas de uvas no interior …" (Ángel de la Cruz: O descenso do derradeiro ocaso)

"Hai unha cama de matrimonio na parte da casa que dá o lagar, e vostede pode durmir no cuarto do lado da señorita." (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.