Cantidade de uva que se bota no lagar para pisala / Cada unha das veces que se enche o lagar con uva / Acción de pisar a uva no lagar
Etimoloxía
Voz derivada sobre estoutra “lagar” que procede do latín lacus ‘depósito do mosto’.
Exemplos *
“Demorábanse os patróns, á porta das casas lembrando vendimas decorridas, troulas doutro tempo, dinastías de antergos bodegueiros, o devecer das parreiras de séculos. Cada serán medraba a silenzosa lagarada do solpor nos montes.” (Ramón Otero Pedrayo: Devalar, 1935)
“(...) outros montes dispostos en conversa de eirado e no inverno faguendo a lagarada cos acios da serán.” (AA.VV.: Nós. Boletín mensual da cultura galega, 1934)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


