Réptil da familia dos lacértidos, do que existen varias especies, que presenta cores entre o marrón e o verde.
Etimoloxía
O seu nome en latín era inicialmente lacertus, -i, se ben logo mudou en lacartus, desde onde evolucionou a nosa forma actual.
Exemplos *
"Naquela altura traballaba na catalogación dun lagarto centroamericano dos que chaman basilisco …" (Xavier Queipo: Ringside)
"Chegan colorados coma camaróns, porque se poñen na praia mañá e tarde, coma se fosen lagartos …" (Fran Alonso: Galicia Internacional 07-1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.