lagoa

Extensión de auga máis pequena ca o lago e de menor profundidade

Etimoloxía

Palabra procedente da latina lacuna de significante semellante.

Exemplos *

“Esa elevada montaña negra tiña un nome: o Caldeirão, que disque era un volcán apagado cunha lagoa moi profunda ocupando o seu cráter.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“No camiño podemos gozar de amplas panorámicas da serra dos Ancares e os vales dunha e outra banda (Galiza e León), as pegadas do glaciarismo e lagoas estacionais, a vexetación da montaña con algunhas especies exclusivas (lirios , cardos...) (...)” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 28-9-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.