lagoeiro

Terreo moi húmido no que xeralmente nace a auga.

Etimoloxía

Termo que se forma a partir de “lago” que vén do latín lacu de significado semellante que bebe da palabra grega lákkos ‘pozo’.

Exemplos *

“A chaira toda, ata onde a vista daba, principalmente pola banda do sur, a máis baixa, era un inmenso lagoeiro.” (Víctor F. Freixanes: A cidade dos Césares, 1993)

“Entre estas lousas i a parede dunha grande horta que hai alí, fica un carroucho estreitiño, por onde pasa a xente para ir ó Souto i ó Toural, sobre todo no inverno, cando a Canella se volve un lagoeiro.” (Silvio Santiago: Vilardevós, 1961)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.