lagorza

Terreo moi húmido no que xeralmente nace a auga

Etimoloxía

Vocábulo que se relaciona coa palabra “lago” que procede do latín lacu de significado semellante.

Exemplos *

“O lobo ataca as súas vítimas, en ocasións, envorcallándose nunha lagorza e salferíndoas con barro nos ollos, para deixa-las cegas e impedir que se defendan. Colle as súas presas vivas e bótaas ó lombo, fuxindo con elas a grande velocidade.” (Xoán Ramiro Cuba Rodríguez e Xosé Miranda Ruíz: Diccionario dos seres míticos galegos, 1999)

“O tío pedía "polas ánimas do Grandeiro que se queixan noite e día", sendo o Grandeiro unha lagorza de augas ferras e coro perpetuo de ras laiantes.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.