lagostino

(Paneaus kerathurus) Crustáceo da orde dos decápodos que mide de doce a vinte centímetros, de cor gris ou amarela verdosa, que se compra xeralmente conxelado, xa que na súa maior parte procede do Atlántico Sur, do Índico ou do Pacífico.

Etimoloxía

Suponse que existiu unha forma latina *lacusta, xerada da clásica locusta, que designaba tanto a lagosta como o saltón, e de aí derivaría lagostino.

Exemplos *

"Centolas, percebes, santiaguiños, nécoras, lagostinos e camaróns abrían aquela esmorga sen límite de consumición por parte dos excursionistas." (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurrección)

"… que os pratos que ofrezan sexan de cociña propia e que se esquezan de ofrecer lagostinos polas terras de Toques ou Melide, por dicir un exemplo." (Lois Caeiro: O Correo Galego 24-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.