Masa branda que se forma ao mesturarse terra, area, follas etc., con auga.
Etimoloxía
Procede da forma idéntica do latín, lama, -ae, co mesmo significado.
Exemplos *
"Brancaneves vai polas corredoiras manchando coa lama o seu vestido branco." (Lupe Gómez: Galicia Hoxe 05-04-2009)
"… el estaba todo mudadiño para ir a Santiago e discutimos por algunha cousa, pelexamos e tirei con el na lama …" (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.