lambada

Baile e música orixinarios do Brasil, de carácter sensual, que se baila en parellas agarradas.

Etimoloxía

De orixe incerta crese que se forma sobre o termo lombo que procede do latín lumbus, –i 'ril', 'lombo' ou 'espinazo'.

Exemplos *

"As mulleres de agora non saben aprecia-la boa música. Pero vaia, se tocan a lambada xa virei facerlle unha visita." (Xurxo Borrazás: Cabeza de chorlito)

"E aquela muller escultural empezou a se espir a ritmo de lambada." (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurección)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.