lambefoula

Persoa que ten avaricia

Etimoloxía

Palabra coloquial formada co verbo “lamber” desde o latín lambo de significado análogo e “foula”, a 'fariña máis fina que sae voando e se pousa nas paredes' e que describe ao avaricioso que garda ata os desproveitos.

Exemplos *

“Fun atesourando algúns diñeiros nunha taleiga que alapei, moi ben agachadiña, nun curruncho da miña choza e non por avaricia, que non son un lambefoulas, señor, senón para me poder valer cando, acabadiño pola vellez , non poida vivir da caridade.” (Agustín Magán: Os rebertes. Retablo escénico en catro cadros, 1993)

“Pobre Francesco! Pobre Francesco..., morto polo interese daquel lambefoulas despois de tantos desgustos e sacrificios! Asasinado daquela maneira espantosa por un maldito usureiro!” (Bruno Sperani: A obra (Isabel Soto, trad.), 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí