lamberetada

Alimento, xeralmente doce, de sabor agradable que se toma máis por gusto ca polo valor alimenticio

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo “lamber” que remite ao latín lambere de significado semellante.

Exemplos *

“A tía Margarida, que aos seus 90 anos presumía de enfiar as agullas sen traballo ; a tía Balbina, namentres contaba as súas doenzas ; a tía Avelina, vella fiandeira, que lembraba os seus anos mozos namentres petiscaba nalgunha lamberetada... ", e, en xeral, coa maioría dos veciños e, sobre todo, veciñas, da terra de Lobeira.” (Clodio González Pérez: Galicia Hoxe, 19-2-2005)

“Eu relacioneime moito con estes españois, cidadáns nosos ou non, que me falaban no seu ladino e que me agasallaban invitándome ás súas casas e ás súas festas nas que gustaba de pratos e lamberetadas tradicionais,.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.