lambereteiro, -a

Que é moi amigo das lambonadas

Etimoloxía

Palabra derivada que remite, en última instancia, ao verbo “lamber” que bebe do termo latino lambere de significado semellante.

Exemplos *

“...como bo comedor que sempre foi, gozaba do pratos que preparaba a cociñeira da casa, un menú que sempre contiña unha sobremesa, aínda que non fose el moi lambereteiro.” (Malores Villanueva Gesteira: Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, 2022)

“Eu era moi lambereteiro, coma case todos os nenos, pero o que máis me gorentaba entón era o chocolate. Aos cativos só nolo daban de cando en cando, o día do santo dalgún e nas festas grandes.” (Lois Tobío: As décadas de L.T., 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.