Alimento, xeralmente doce, de sabor agradable que se toma máis por gusto ca polo valor alimenticio
Etimoloxía
Palabra procedente do verbo “lambetar” e este de “lamber” que remite ao latín lambĕre de significado semellante.
Exemplos *
“O feito de que se popularizase como lambetada non permitiu que se coñecesen todas as posibilidades do chocolate.” (Mar Barros: A Nosa Terra, 2002)
“Pero era unha boa persoa e axudábame no que podía. Curoume a ferida do nocello, forrou a argola con tea para que non me rozase a pel, e compartía comigo as lambetadas que a ela lle gustaban... e ao final axudoume a escapar.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


