Pequena cantidade de comida ou bebida que adoita tomarse a calquera hora
Etimoloxía
Termo que se forma sobre o verbo “lambiscar” que, á súa vez, remite a “lamber” que vén do latín lambere de significado semellante.
Exemplos *
“Saían da escola e aí ían os dous para lle axudar a Pedro das Cañotas a apañar leña a cambio dunhas calderillas, e eles sempre tiñan uns patacóns para mercar lambiscadas.” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais, 2007)
“Ute saía cada pouco tempo para traerlles algunha lambiscada e facerlles a espera máis levadía. Por fin, as cousas acadaron o seu punto e a mesma Nanette colaborou cos preparativos da mesa. A cea foi sobria.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


