lameiro

Terreo augacento onde só medra a herba e algúns arbustos

Etimoloxía

Palabra derivada por sufixación que toma como base “lama” que procede da latina lama que fai referencia á lama e aos terreos con auga.

Exemplos *

“En certa ocasión, un raposo tamén con moitos degaros de fartarse de troitas, seguiu a un home que sempre que ía buscar herba xunto a un lameiro que tiña ao pé do río aproveitaba para pescar.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

“O pai andaba cos homes segando a herba no lameiro de Miranda.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.