Monstro fabuloso coa cabeza de muller e o corpo de serpe, que, segundo a lenda, lles chuchaba o sangue aos nenos, por sentir envexa das nais.
Etimoloxía
Recóllese do termo do latín lamia, –ae, que significaba 'monstro fabuloso que ameazaba as criaturas'.
Exemplos *
"… e son só as mulleres humanas, senón tamén os seres míticos, que xeralmente son considerados como pertencentes ó xénero feminino (lamias, lavandeiras, mouras, melusiñas…)." (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)
"Animais fabulosos, case que todos terroríficos son: a lamia, de cara de muller belida e corpo de dragón que devoraba aos homes." (Xesús Taboada Chivite: Etnografía galega, cultura espritual)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


