Folla de papel usada para a aprendizaxe do debuxo.
Etimoloxía
Tomouse do latín lamina, -ae ‘prancha de metal’.
Exemplos *
“Unha tarde entrei no despacho do pai a pedirlle diñeiro para láminas de debuxo e escoiteille dicir polo teléfono a alguén que, de continuar así, a “esta muller” cumpría levala a un sanatorio…” (Xavier Alcalá: Código morse)
“… había quen levaba láminas e lapis de colores, gaiolas e aneis, pinzas e frascos, porque non viran os ollos europeos tantos animais, tantas plantas, tantas pedras fabulosas.” (Xabier López López: O caderno)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.