lámpada

Fonte de luz artificial, xeralmente producida pola transformación de enerxía eléctrica en enerxía luminosa

Etimoloxía

Vocábulo que bebe da palabra do latín lampada que deriva destoutra lampas ‘facho’ que bebe do grego lampás ‘resplandor’.

Exemplos *

“O teléfono era de dial, moi antigo, e dende logo, fóra de uso, polo que non podería enviarlle con el un wassap á miña antiga moza coa foto para que me confirmase se as lámpadas eran de estilo industrial ou non.” (Ignacio Silva: Contos de taberna / Chovía como nunca, 2014)

“Non se acenden as luces e cando quero acender unha luz non lembro que non hai luz, que non funcionan as lámpadas, que se fundiron as lámpadas, que cortaron a corrente e só hai corrente se se humedecen os enchufes.” (Xosé L. Álvarez Pérez: Contos da Baiuca/ Detrás dos meus ollos, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.