lampo, -a

Sen barba, sen pelo

Etimoloxía

Voz que se relaciona coa latina lampadae ‘lámpada’.

Exemplos *

“O temido René de Saint-Syr, un home que sobordaba os trinta anos –aínda que polo seu rostro case lampo aparentaba moitos menos–, de estatura superior á media cos seus seis pés de altura.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Estirou un dedo e tocou a cabeza lampa da moza, acariñou con magoa o cabelo nacente pensando que ela estaría xa durmida.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.