Dise dun terreo que é moi mollado, mesmo que se anega no inverno
Etimoloxía
Palabra derivada formada sobre “lama” que, á súa vez, procede do latín lama ‘terreo lamacento’.
Exemplos *
“cando os pasos andados enchoupan os pés / nun lamugueiro de magnolias mortas / o día en poalla interminable / ábrese á luz dos teus ollas caricia lene” (Luís Viñas: A porta verde do sétimo andar, 2007)
“Os cabalos espetábanselle na lamugueira. O acompañamento que se achegou a eles para darlles a benvida desfíxose en desculpas e atencións por non ter adiviñado a tempo o seu camiño.” (Manuel Quintáns Suárez: Nerio, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.