Ferida ou chaga que se forma na pel.
Etimoloxía
Procede do verbo lañar que significa, entre outras cousas, 'abrirse en gretas'.
Exemplos *
"Ollou para a lousa do chan onde se pousaron os xeonllos tinguida co sangue que lle pingaba pola laña do labio." (Xavier Quiroga: Atuado na braña)
"O Corpo de N conformaba, naquela mañá de pesadelos e talas, a imaxe dun tubo de pintura tendido no chan, escorado de costado e aberto por amplas lañas; feridas polas cales uns regatos vermellos manaban con forza …" (Paco Yáñez: …distancias…)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.