Abrir o peixe para sacarlle as tripas.
Etimoloxía
A súa orixe está no verbo latino laniare 'rachar, resgar'.
Exemplos *
"Se temos xarda ou xurelón, deberémolos lañar …" (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro)
"Despois, co congro aberto, tírase para unha caixa. Estouno lañando do lado do pío." (Augusto Pérez Alberti: Teceláns: viaxes)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


