Cada un dos sucesos ou accións que se integran nunha novela, serie etc., e resultan interesantes.
Etimoloxía
Deriva da forma latina lanceare 'manexar a lanza'.
Exemplos *
"En Pontevedra compuxen "Pimpinela", que agora é o terceiro lance da farsa. En Badaxoz (dous meses de castigo, precursor do actual desterro) traballei algo no segundo lance e maxinei unha parte do primeiro." (Castelao: "Introdución" de Os vellos non deben de namorarse)
"Doce anos, doce, hai que agardar para asistir ó seguinte lance desta función que para os naviegos había moito que se tiña convertido en drama social asegundado de atraso e emigración." (Xosé A. Neira Cruz: Galicia Internacional 04-1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.