lancha

Embarcación pequena, a remos ou a motor, máis grande ca o bote que se emprega na pesca costeira

Etimoloxía

Pénsase que a orixe desta palabra atopámola na expresión malaia perahu lantxaran ‘embarcación lixeira’.

Exemplos *

"Unha, dúas, tres: A lancha / enchen de sombras, áxiles e nítidas. /  sob de ti voan: craras, / navegantes, / tibias. / Catro, cinco, seis. Gueivotas." (Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde, 1933)

“Non era unha noite de temporal; si de néboa, coma esta. Andaba con outros mariñeiros pescando nunhas lanchas. O mar estaba tranquilo coma un sebo.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.